Cookies na web dos SAI. Utilizamos cookies para ofrecer a mellor experiencia na nosa web. Por favor, acepte o uso de cookies premendo o botón.

Aceptar uso de cookies
Utc header

UTC

Técnicas Cromatográficas

Técnicas

  • Pretratamento e preparación das mostras
  • Técnicas de cromatografía de gases, cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas de baixa resolución e cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas de alta resolución. Disponse dun novo espectrómetro de sector magnético de alta resolución e moi elevada sensibilidade para a análise de compostos orgánicos a nivel ultra-traza (femtogramo-picogramo)
  • Técnicas de cromatografía de líquidos e cromatografía de líquidos acoplada a espectrometría de masas
  • Análise de fluxo segmentado con detección espectrofotométrica Determinación de nitróxeno total, cianuro total e substancias activas ao azul de metileno (deterxentes aniónicos).
  • Análise de especies de carbono por combustión con detección por espectrofotometría infravermella Determinación de COT e COD.
  • Análise de compostos de nitróxeno por oxidación e posterior detección mediante quimioluminiscencia. Determinación de nitróxeno total e óxidos de nitróxeno
  • Electrometría Determinación de pH, condutividade e alcalinidade total e composta ( hidróxidos, carbonatos e bicarbonatos).
  • Cromatografía iónica con detección por condutividade Determinación de anións inorgánicos ( fluoruro, cloruro, bromuro, nitrito, nitrato, fosfato e sulfato).
  • Espectrofotometría Determinación de amonio, cor, nitróxeno total oxidable e demanda química de oxíxeno ( DQO).
  • Gravimetría Sólidos en suspensión, sólidos disoltos, residuo seco e sólidos totais.
  • Respirometría Determinación de demanda química de osíxeno ( DBO-5)
  • Turbidimetría Determinación da turbidez

Servizos

  • Análise de policlorodibenzodioxinas/furanos (PCDD/PCDF) mediante espectrometría de masas de Alta Resolución. Realízanse análises en diferentes matrices de interese ambiental (solos, sedimentos, particulado, emisións) einterese alimentario (peixes, carnes, afumados etc.). Trátase do único laboratorio en Galicia acreditado por ENAC para realizar este tipo de determinacións en alimentos mediante espectrometría de masas de alta resolución (ver anexo técnico).
  • O laboratorio duplicou a súa capacidade analítica e mellorou as súas prestacións de sensibilidade coa adquisición dun espectrómetro de masas desector magnético Thermo Scientific DFS. Esta incorporación permite abordar analíticas sobre matrices limpas como sangue, soro ou leite materno.
  • Análise de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP) en mostras sólidas por GC/MS: realízanse análises en diferentes matrices de interese ambiental(solos, sedimentos, particulado, emisións) e interese alimentario (peixes,carne, afumados etc.). 
  • Análise de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP) en augas por GC/MS. Permite a análise para a verificación do cumprimento da lexislación de augas potables e de verteduras.
  • Análise de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP)-EPA por HPLC/FL.  Especialmente indicado para a análise de alimentos.
  • Análise de multirresiduos de praguicidas en vexetais por GC/MS. Permite a análise dunha ampla gama de residuos de praguicidas en alimentos vexetais.
  • Análise de praguicidas organoclorados en mostras sólidas por GC-MS.
  • Análise de praguicidas organoclorados en augas por GC-MS. Permite a análise para a verificación do cumprimento da lexislación de augas potables e de verteduras.
  • Análise de herbicidas (triacinas) en augas por GC-MS.
  • Análise de carbamatos en augas por HPLC.
  • Análise de compostos orgánicos volátiles por TD-GC-MS. Técnica aplicada á determinación de COV en atmosferas exteriores, en emisións industriais, na exposición laboral, en aromas en alimentos etc.
  • Análise de compostos orgánicos volátiles en augas por PT-GC-MS (RD140/2003). Permite a análise para a verificación do cumprimento da lexislación de augas potables e de verteduras.
  • Análise de policlorobifenilos (PCB) en mostras sólidas por GC-MS.
  • Análise de policlorobifenilos (PCB) en augas por GC-MS.
  • Análise de policlorobifenilos (PCB) dioxin-like segundo o método EPA 1668.
  • Determinación do índice HOI mediante GC-FID en mostras sólidas e augas. Medida dunha contaminación global por hidrocarburos
  • Determinación do nivel de hidrocarburos totais (HCT) mediante GC-FID enmostras sólidas.
  • Determinación de compostos fenólicos en augas.
  • Análise GC-MS de compostos organoestánnicos en biomateriais e sedimentos.
  • Outros casos: Consulten a posibilidade de aplicar as técnicas cromatográficas dispoñibles para a determinación doutras substancias de posible interese.

As determinacións de  pH, condutividade, sólidos en suspensión, DBO-5,  DQO,  amonio e metais disoltos en augas continentais están acreditados segundo a norma UNE-EN  ISO/ IEC 17025. Consultar o alcance dos ensaios no  Anexo técnico  725/LLE1798 

  • Análise de fluxo segmentado. Determinación de cianuro total, índice de fenoles, nitróxeno total e deterxentes aniónicos en mostras acuosas.
  • Análise por oxidación e posterior detección por NDIR ou quimioluminiscencia. Determinación de carbono orgánico, carbono inorgánico e carbono total enmostras acuosas e extractos de sólidos en mostras acuosas: augas continentais, residuais, augas de mar, extractos acuosos de mostras sólidas e mostras de sínteses en fase  acuosa. Determinación de nitróxeno total en mostras acuosas: augas continentais, residuais, augas de mar, extractos acuosos de mostras sólidas e mostras de sínteses en fase acuosa
  • Cromatografía iónica. Determinación de anións inorgánicos en mostras acuosas: bromato,  bromuro,  clorato,  clorito,  cloruro, fluoruro,  fosfato,  nitrito, nitrato,  sulfato. Determinación de amonio en mostras acuosas.
  • Electrometría. Determinación do pH e da condutividade en mostras acuosas.              Determinación da alcalinidad total e composta por valoración  potenciométrica. Determinación de hidróxidos, carbonatos e bicarbonatos por valoración potenciométrica.
  • Espectrofotometría molecular de ultravioleta/visible. Determinación de amonio en mostras acuosas. Determinación da coren mostras acuosas. Determinación da DQO mediante o método de tubo pechado en mostras acuosas.
  • Gravimetría. Determinación de sólidos en suspensión a 105º C. Determinación de sólidos disoltos a 180º C (pódese solicitar outra temperatura). Determinación do residuo seco a 110º C ou 180º C.
  • Respirometría/ Manometría.  Determinación da DBO-5polo método manométrico en mostras  acuosas.
  • Turbidimetría. Determinación da turbidez en mostras acuosas.