Cookies na web dos SAI. Utilizamos cookies para ofrecer a mellor experiencia na nosa web. Por favor, acepte o uso de cookies premendo o botón.

Aceptar uso de cookies
Header

Servizos de Apoio á Investigación

Servizos especializados no apoio á investigación científica, técnica e humanística

Presentación

Esta páxina dos Servizos de Apoio á Investigación (SAI) pretende dar a coñecer á comunidade universitaria, científica e social o patrimonio instrumental e os recursos humanos que posúe a Universidade da Coruña dedicados a facilitar o labor do seu persoal investigador e que poden ser utilizados por outros organismos públicos e privados da forma regulamentariamente establecida.

Os Servizos de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña están compostos por un conxunto de servizos especializados capaces de prestaren apoio á investigación científica, técnica e humanística, e cunha dotación instrumental, técnica e de recursos humanos que, ben polas súas características propias ben polo ámbito da súa aplicación, superan as necesidades dun centro, departamento ou instituto universitario. A función que deben cumprir é a de organizaren racionalmente a utilización destes recursos destinados a tarefas de investigación.

O crecemento e o desenvolvemento dos Servizos de Apoio á Investigación na Universidade da Coruña desde a súa creación a comezos dos anos 90 ata a actualidade é un magnífico exemplo da evolución investigadora da comunidade universitaria. Estes servizos deben dar resposta a necesidades cada vez maiores de infraestrutura, parte das cales se refire a grandes equipos e de servizos de apoio que deben ser postos ao dispor de todos os membros da comunidade científica.

Dado o dinamismo destes servizos será necesario un esforzo na actualización desta páxina. No entanto, non se debe pensar soamente na nova adquisición de infraestruturas e equipamentos, senón tamén na eficacia e na optimización dos recursos instrumentais existentes e na consolidación dos recursos humanos necesarios para un bo funcionamento, todo o que esixe unha idea planificada a medio e longo prazo en que debe participar a comunidade universitaria, especialmente a través dos usuarios.

As liñas de actuación deben de ir neste sentido, sempre co horizonte de mellorar a calidade destes servizos.